Como xa dixen é a primeira vez que vou ter que crear un libro electrónico e nalgúns dos recursos puiden ver algún exemplo de como é un libro dixital. Algúns deles son máis sinxelos, outros son para nenos e nenas. Hainos que teñen moitos contidos e presentan exercicios nos que podes consultar os resultados, resumos dos temas e moitos outros. Paréceme un traballo moi pormenorizado e que require de moita paciencia, esforzo. e tesón para lograr crear un contido útil que outros poidan empregar.
Para crear un libro dixital é necesario ter coñecemento das ferramentas que permitan elaboralo. Un dos recursos proporcionados é a listaxe destas ferramentas que considero indispensable.
O que verdadeiramente me chamou a atención foi a posibilidade de creación dun libro, é unha das páxinas en concreto que mostra diseños moi interesantes, ademáis da posibilidade de engadirlle os debuxos propios de cada quen que formarán xunto coa historia un libro moi persoal dirixido aos nenos e nenas.
Algo que boto en falta é un modelo do proceso a seguir para a elaboración do libro dixital que me sirva de exemplo a seguir.
Sofía Alonso Carballido.
Sofía Alonso Carballido.